Mundo
Armenios da rexión de Javakhk rexeitan o sistema de educación bilingüe implantado en Xeorxia
Armenios da rexión de Javakhk en Xeorxia están en contra do sistema de educación bilingüe introducido polo Goberno nas escolas de minorías étnicas, xa que pode significar un obstáculo para o estudo da lingua nativa armenia.
Fonte: PanArmenian.net
Panamá acollerá en 2013 o sexto Congreso Internacional da Lingua Española
Panamá acollerá en 2013 o sexto Congreso Internacional da Lingua Española, unha cita que foi tratada na reunión de traballo que mantivo no Instituto Cervantes unha vintena de altos responsables de institucións culturais españolas.
Fonte: Xornal de Galicia
Nenos indíxenas recibirán clases das súas linguas maternas en México
Nenos indíxenas de educación primaria e secundaria de México recibirán clases das súas linguas maternas. As linguas incluídas neste programa educativo serán inicialmente o maia, o náhuatl, o nñahñu e o tutunacu.
Fonte: Notisistema
Moitas das linguas nativas de Alasca corren o risco de desaparecer
Se as linguas nativas de Alasca desaparecen na próxima xeración non será porque non se fixera abondo por salvalas, afirmou Gary Holton, profesor de lingüística do Centro de Linguas Nativas de Alasca. Ademais, defendeu que se desenvolveron iniciativas importantes como, por exemplo, as escolas de inmersión en linguas nativas e os programas de formación de profesores. Porén, malia todos estes esforzos, admite que a situación é moi grave para moitas das linguas nativas deste estado.
Fonte: The Sacramento Bee
A lingua maorí está seriamente ameazada a pesar do incremento das iniciativas destinadas á súa promoción
Un informe publicado polo Tribunal Waitangi en Nova Zelandia mostra que, malia o incremento das iniciativas destinadas á promoción da lingua maorí, esta está seriamente ameazada. A porcentaxe de maorís que fala a lingua nativa declinou de 1996 a 2006, incluído un significativo descenso dos nenos menores de 10 anos que falan a lingua. Ademais, o número de persoas que recibe unha educación en lingua maorí e o das que a aprenden nas institucións de ensino superior tamén caeu desde 1990.
Fonte: The Gisborne Herald
Un proxecto de lei propón crear a academia de linguas indíxenas en Bolivia
A deputada do Parlamento boliviano, Flora Oyardo, presentou un proxecto de lei que propón a creación da Academia Boliviana de Idiomas e Costumes Indíxenas para garantir o ensino do idioma e a cultura das 36 nacións e pobos indíxenas de Bolivia.
Fonte: La Razón
Unha campaña en Nova Zelandia pretende obter o recoñecemento oficial de cinco linguas do Pacífico
En Nova Zelandia está tomando corpo unha campaña para recoñecer as cinco principais linguas do Pacífico como linguas minoritarias oficiais. Á fronte están os samoanos Judy e John McCaffery, que queren que todos os nenos do Pacífico en Nova Zelandia teñan o dereito e a oportunidade de medrar falando, lendo e escribindo na súa lingua ou linguas de herdanza, ademais de en inglés.
Fonte: Radio Australia
O chinés é a segunda lingua máis utilizada na web
A lingua chinesa é unha das máis utilizadas en internet, en concreto a segunda despois do inglés, segundo afirmou un funcionario.
Fonte: The Times of India
Traducen a Lei de idiomas indíxenas de Venezuela a 17 linguas do país
A Lei de idiomas indíxenas de Venezuela, que busca revitalizar as culturas ancestrais e fortalecer o pensamento indoamericano, foi traducida xa a 17 linguas autóctonas deste país suramericano.
Fonte: Prensa Latina
Os tres maiores partidos da oposición de Montenegro queren que o serbio sexa idioma oficial
Os tres maiores partidos da oposición de Montenegro presentaron proxectos de emenda á Constitución para facer que o serbio sexa idioma oficial. A oposición quere que se engada un novo artigo á Constitución que estableza que "se un censo de poboación mostra que algunha das linguas de uso oficial é falada por unha maioría da poboación, sexa idioma oficial".
Fonte: EMG
Boletín
Subscríbase ao boletín