Mundo
En EEUU crean unha base de datos do idioma yuracaré
Un proxecto lingüístico levado a cabo en Estados Unidos traballa na elaboración dunha base de datos do idioma yuracaré para documentalo, co obxectivo de servir de ferramenta académica ou social.
Fonte: Los Tiempos
Wikipedia chega a México como unha ferramenta para as linguas indíxenas

As linguas nativas do país poderán levar a súa cultura a un nivel virtual con Wikimedia México, unha división para o país da fundación internacional Wikimedia, responsable da enciclopedia en liña Wikipedia.
Fonte: CNN México
Asínanse varios acordos para o ensino do tamazight aos fillos dos marroquís residentes no estranxeiro
Foron un total de seis os acordos asinados en Rabat para o ensino da lingua e da cultura tamazight aos fillos dos marroquís que residen no estranxeiro.
Fonte: Aufait Maroc
Os expertos defenden unha utilización da diversidade lingüística en beneficio da cohesión social en Costa de Marfil
Os expertos en linguas reunidos nun congreso en Abidjan defenden un emprego da diversidade lingüística en beneficio da cohesión social en Costa de Marfil.
Fonte: Afriquinfos
As comunidades xermanófona e francesa de Bélxica colaboran para promover o bilingüismo
Oliver Paasch e Marie-Dominique Simonet, ministros da Comunidade Xermanófona e da Federación Valonia-Bruxelas de Ensino, confirmaron o seu desexo de intensificar a súa colaboración para promover o bilingüismo.
Fonte: Le Vif
Guinea Bissau defende a institucionalización do portugués na Unión Económica e Monetaria de África do Oeste
O presidente da República, Malam Bacai Sanha, defendeu a necesidade da institucionalización da lingua Portuguesa como idioma de traballo na Unión Económica e Monetaria de África do Oeste (UEMOA).
Fonte: Jornal Digital
Os nenos flamengos serán trilingües a partir de 2012
A partir do curso escolar 2013-2014, os alumnos flamengos deberán aprender obrigatoriamente inglés como terceira lingua, despois do francés.
Fonte: Express
O francés está en retroceso en Senegal
Cada vez menos empregada, a lingua francesa deixa lugar ao wolof, que se impón nas empresas, as escolas ou os debates políticos.
Fonte: Jeune Afrique
De todas as linguas indíxenas que se falan en México, só o maia e o náhuatl dan mostras de recuperación
O director de formación da Dirección Xeral de Educación Indíxena (DGEI), Edgar Sierra Soler, informou de que, de todo o país, só as linguas maia e náhuatl dan mostras de franca recuperación e inserción na sociedade.
Fonte: SIPSE
Preto de vinte mil nenos indíxenas do estado mexicano de Chihuahua recibirán libros de texto gratuítos na súa lingua materna
A Secretaría de Educación informou de que en total se entregarán 78.000 libros de texto escritos en lingua tepehuán, guarojío, pima e rarámuri para facilitar o proceso de alfabetización de case vinte mil nenos indíxenas que viven no estado.
Fonte: Diario
Boletín
Subscríbase ao boletín