Mundo

O quechua úsase por primeira vez na Cámara de Deputados de Bolivia

A Cámara de Deputados de Bolivia realizou por primeira vez unha sesión en lingua quechua no marco do recoñecemento da diversidade cultural do país andino.

Fonte: Prensa latina

A primeira novela bilingüe en mirandés e portugués sae á luz en Portugal con motivo do día nacional da lingua mirandesa

Portugal celebra o día da lingua mirandesa coa presentación a nivel nacional da primeira novela publicada en mirandés e portugués.

Fonte: Visão

Os desempregados do Reino Unido que non falen inglés poderían perder o dereito a percibir as axudas do Estado

En palabras do primeiro ministro británico, David Cameron, os desempregados do Reino Unido que non falen inglés estarán obrigados a aprender esta lingua ou poderían perder o dereito a percibir as súas prestacións.

Fonte: The Telegraph

A presidenta da India anima os seus cidadáns a aprender outra lingua india ademais da súa lingua materna

Con motivo do día da lingua hindi, a presidenta da India, Pratibha Patil, afirmou que existen 1700 linguas neste país e que se deben tomar medidas axeitadas para a súa promoción. “Comprometámonos a usar o hindi e outras linguas indias diariamente. Todos deben aprender hindi e, como mínimo, outra lingua india ademais da lingua materna", engadiu.

Fonte: DNA India

A lingua ijaw será obrigatoria nas escolas do estado nixeriano de Baielsa

A Asemblea do estado nixeriano de Baielsa aprobou unha resolución que decreta a obrigatoriedade da lingua ijaw en todas as escolas públicas e privadas do estado.

Fonte: Nigerian Tribune

Twitter está dispoñible en cinco novas linguas

A rede social Twitter está xa dispoñible en 17 idiomas diferentes despois de incorporar o malaio, o hindi, o filipino e as versións tradicional e simplificada do chinés mandarín. Ata agora, a rede social dispuña dos idiomas holandés, portugués, francés, indonesio, italiano, alemán, xaponés, coreano, ruso, español, turco e inglés.

Fonte: Destak

O primeiro ministro do Mozambique defende a necesidade de promover as linguas locais nos países de fala portuguesa

O primeiro ministro mozambicano, Aires Ali, defendeu a "igualdade de estatuto" entre a lingua portuguesa e as linguas locais dos países falantes de portugués, salientando a importancia da diversidade lingüística na transmisión do coñecemento e da cultura.

Fonte: Zwela Angola

Un proxecto axudará a preservar o idioma chamorro

Un grupo de lingüistas da Universidade de Bremen en Alemaña está traballando nun proxecto que podería axudar á preservación do idioma chamorro nas illas Marianas. A iniciativa tentará atopar o máximo número de manuscritos posible que traten a lingua durante o período colonial antes de 1950.

Fonte: Saipan Tribune

A mocidade árabe de Oriente Medio decántase polos contidos electrónicos en inglés

Un éxodo electrónico da mocidade de Oriente Medio cara aos sitios de internet en lingua inglesa na busca de contido informativo e de lecer pode estar contribuíndo ao declive no uso da lingua materna árabe na rexión.

Fonte: Albawaba

Un estudo mostra que os empresarios buscan cada vez máis traballadores con competencias lingüísticas

Segundo unha enquisa realizada por Rosetta Stone, o 80 % dos profesionais directivos cre que é "moi" ou "sumamente" importante que os traballadores posúan competencias bilingües.

Fonte: Institute of Leadership and Management

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder