Mundo

O Consello de Educación Técnica da India analiza as posibilidades da educación nas linguas rexionais

O Consello de Educación Técnica da India constituíu unha comisión para analizar as posibilidades de ensinar e realizar a formación profesional nas linguas rexionais.

Fonte: MSN News

O Goberno de Israel afirma que a lingua hebrea precisa a axuda dos cidadáns

O secretario do Goberno, Tzvi Hauser, invitou os cidadáns a presentar formas de conservar e promover a lingua hebrea. A invitación estendeuse a través da páxina de Facebook da oficina do primeiro ministro, ademais de noutras páxinas web. Hauser liderará un equipo especial que buscará xeitos de conservar e fomentar o idioma hebreo e analizará as suxestións presentadas.

Fonte: Israel National News

O Goberno de Colombia quere promover o bilingüismo no sector turístico

O Ministerio de Comercio, Industria e Turismo de Colombia anunciou un plan para ensinar inglés a 7000 provedores de servizos turísticos de todo o país ata 2015 coa esperanza de facer de Colombia un destino turístico de renome mundial.

Fonte: Colombia Reports

O estado mexicano de Puebla busca formar intérpretes de linguas indíxenas

Un total de 40 persoas integra o curso para a formación de intérpretes de linguas indíxenas no estado mexicano de Puebla, no que se impartirán cinco linguas: náhuatl, mazateco, otomí, popoloca e totonaco. O obxectivo é garantir o dereito dos indíxenas a contar cun intérprete para defenderse.

Fonte: TV3 Puebla

A lingua convértese nunha arma política en Israel

Un plan para rebaixar o actual status do árabe como lingua oficial alimenta o clima de tensión en Israel.

Fonte: Aljazeera

Irlanda do Norte tenta conseguir que organismos públicos aposten polo novo plan do goberno sobre a lingua irlandesa

A policía de Irlanda do Norte e un grupo de organismos do ámbito do deporte recibiron a petición de apoiar o plan que aspira a crear 1000 novos falantes de irlandés antes de 2015. A ministra de Cultura, Caral Ni Chiulin, pedirá a personalidades prominentes e á cidadanía en xeral compromiso para falar irlandés con fluidez antes da data límite.

Fonte: Yahoo News

O portugués está entre as linguas máis usadas nos negocios

O portugués é a sexta lingua do mundo máis utilizada nos negocios, segundo o estudo da Bloomberg sobre as linguas estranxeiras máis usadas neste sector. O estudo analizou 25 linguas do mundo, excluíndo o inglés. O español queda en cuarto lugar nesta clasificación de ámbito internacional.

Fonte: Boas Notícias

O ensino das linguas nacionais beneficia a poboación rural en Angola

O proceso de ensino e aprendizaxe das linguas nacionais angolanas ten como principal beneficiario a poboación rural que vai permitir a redución do número de analfabetos existentes no país e significará un apoio para a loita contra a pobreza.

Fonte: AngolaPress

Indíxenas do pobo kaiowa en Brasil reciben a prohibición de falar guaraní na escola

Membros do pobo indíxena kaiowa do Brasil que estudan na escola municipal de Nerone Maiolino, en Campo Grande, recibiron a prohibición de falar a súa lingua materna, o guaraní. Ademais, tiveron que asinar unha carta na que se comprometeron a non falar máis a súa lingua na escola.

Fonte: Terra

A lingua malabar será o primeiro idioma do ensino no estado indio de Kerala

O Goberno do estado indio de Kerala aprobou unha lei pola que converte o malabar na primeira lingua obrigatoria nas escolas. Con esta decisión incrementarase o número de materias e profesores de malabar no ensino.

Fonte: IBN Live

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder