Mundo

As linguas indíxenas e non inglesas loitan por sobrevivir en Estados Unidos

As linguas indíxenas e non inglesas coma o gullah, que provén dos escravos de África occidental e contén algo de inglés, enfróntanse a númerosos obstáculos para sobrevivir actualmente en Estados Unidos. Entre eles inclúense a falta de recursos, o feito de que a maioría dos falantes está morrendo e o estigma de que estas linguas son para persoas sen formación.

Fonte: Kansas City

A oposición dinamarquesa pide campañas de saúde en varios idiomas

A oposición social-liberal e social-demócrata afirma que as campañas de saúde pública deberían realizarse noutras linguas distintas do dinamarqués co fin de chegar aos maiores grupos de inmigrantes do país.

Fonte: The Copenhagen Post

O Goberno do estado malaio de Sarawak promoverá intensamente a lingua iban

O Goberno de Sarawak continuará co seu esforzo de promover a lingua iban como lingua franca internacional, á par do inglés, o mandarín e o malaio.

Fonte: The Borneo Post

A necesidade de promover as linguas locais foi o principal obxectivo da Feira Internacional do Libro de Cimbabue

O Viceministro de Educación, Deporte, Arte e Cultura, Lazarus Dokora, é consciente de que as diferentes asociacións lingüísticas están a traballar en como realizar publicacións relevantes para a lectura.

Fonte: The Herald

Animan os cidadáns de Nixeria a conservar as linguas indíxenas

O ministro nixeriano de Turismo, Cultura e Orientación Nacional, Edem Duke, instou os nixerianos a conservar as súas linguas indíxenas fronte aos desafíos da influencia estranxeira e a globalización.

Fonte: All Africa

O Consello de Arte de Samoa Americana anima a utilizar o idioma samoano na casa

A directora executiva do Consello de Arte de Samoa Americana, Leala Pili, anima os pais a falar samoano na casa para mantelo vivo. Teme que se perda a lingua se os pais non lles falan aos seus fillos na súa lingua materna na casa.

Fonte: Radio New Zealand International

Ottawa analizará o bilingüismo nos restaurantes, hoteis e servizos públicos

O comisario para as linguas de Canadá afirma que o Goberno federal está contratando "compradores secretos" para comprobar se os negocios de Ottawa ofrecen os seus servizos nas dúas linguas oficiais. Os compradores, pagados cos cartos dos contribuíntes, verificarán como ofrecen os seus servizos en francés os restaurantes, os hoteis e os servizos públicos.

Fonte: Ottawa CTV

A fluidez na lingua galesa dos alumnos de primaria é a mesma ca en 1986

O número de alumnos de ensino primario que fala galés con fluidez non cambiou practicamente tras 23 anos, segundo o censo escolar. As cifras máis recentes facilitadas polo Goberno de Gales para o curso 2009-2010 reflicten que 14684 alumnos de cinco ou máis anos falan galés con fluidez na casa, o que representa o 7,6 %.

Fonte: Daily Post

Os lexisladores de Israel propoñen que o árabe deixe de ser lingua oficial

Os lexisladores de Israel presentaron un proxecto de lei polo que o árabe deixaría de ser unha das linguas oficiais do Estado xudeu. Na actualidade o árabe e o inglés son linguas oficiais de Israel.

Fonte: The Daily Star

Presentan no Parlamento de Bulgaria un novo proxecto de lei sobre o uso do idioma búlgaro

Un novo proxecto de lei sobre o uso do idioma búlgaro, que se aprobará no outono, foi presentado no Parlamento. A nova lei establecerá un Consello especial da Lingua Búlgara dentro do Consello de Ministros, que abordará a pureza da lingua literaria e creará e publicará no Diario Oficial as regras gramaticais e de pronuncia, así como o uso de palabras estranxeiras.

Fonte: Novinite

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder