Mundo
Ohio deberá contratar máis intérpretes nos tribunais
O Tribunal Supremo de Ohio adoptou unha norma que obriga os tribunais do estado a contratar intérpretes de linguas estranxeiras ou de lingua de signos en certos casos.
Fonte: Business First
Varias universidades chinesas impartirán clases de indonesio
Indonesia e China asinaron un acordo de colaboración sobre o ensino da lingua indonesia en varias universidades de China. O acordo forma parte da cooperación bilateral dos dous países en materia de linguas no ensino superior.
Fonte: The Jakarta Post
A Universidade Nacional Autónoma de México recompila linguas indíxenas en arquivo dixital
O traballo recompilado polo Laboratorio de Lingüística do Instituto de Investigacións Antropolóxicas inclúe dialectos que só teñen dous ou tres falantes e están condenados a desaparecer.
Fonte: Milenio
A Unión Europea contará cun observatorio do plurilingüismo en liña a finais de 2012
A finais de 2012, a UE contará cun observatorio do plurilingüismo en liña que documentará as mellores prácticas na execución de políticas lingüísticas e mostrará ferramentas específicas para resolver problemas cotiás de comunicación relacionados coas linguas estranxeiras.
Fonte: EurActiv
A lingua malayalam, falada no sur da India, non está presente nas páxinas web gobernamentais
Malia que o Goberno do Estado afirma estar facendo todos os esforzos para promover o malayalam, a decisión de que todas as páxinas web do Goberno sexan bilingües continúa no papel tras catro anos.
Fonte: Deccan Chronicle
A maioría das linguas de Papúa ten menos de 1000 falantes
En Nova Guinea fálanse máis de 1000 linguas, ao redor de 800 en Papúa Nova Guinea e 200 na Papúa Indonesia, pero a maioría ten menos de 1000 falantes, a miúdo localizados nunha vila ou un conxunto de aldeas.
Fonte: Bangkok Post
Un proxecto de lei defende as linguas indíxenas de Bolivia
Os bolivianos terán agora unha nova ferramenta para defender as diferentes linguas indíxenas orixinarias, a partir dun proxecto elaborado por membros desas mesmas comunidades.
Fonte: Prensa Latina
A Universidade de Santiago de Chile capacita a un grupo de profesores para ensinar linguas indíxenas
A Universidade de Santiago de Chile (Usach) capacitou a un grupo de educadores para ensinar linguas indíxenas en colexios que teñen nas súas aulas a un alto número de nenos provenientes de etnias orixinarias.
Fonte: Noticias123
O Goberno local comprométese a promover a lingua urdu en Nova Delhi
O Goberno de Delhi e a Academia do Urdu están traballando ininterrompidamente para promover a lingua urdu na capital. Os fondos para a Academia do Urdu aumentaron.
Fonte: New Kerala
Crean un centro de formación e investigación da lingua de signos india
O Ministerio de Xustiza Social e Integración aprobou a creación dun centro de formación e investigación da lingua de signos india a través dun proxecto de cinco anos de duración, como centro autónomo da Universidade Nacional Aberta Indira Gandhi en Nova Delhi.
Fonte: 2Classnotes
Boletín
Subscríbase ao boletín