Mundo

Un proxecto de lei defende as linguas indíxenas de Bolivia

Os bolivianos terán agora unha nova ferramenta para defender as diferentes linguas indíxenas orixinarias, a partir dun proxecto elaborado por membros desas mesmas comunidades.

Fonte: Prensa Latina

A Universidade de Santiago de Chile capacita a un grupo de profesores para ensinar linguas indíxenas

A Universidade de Santiago de Chile (Usach) capacitou a un grupo de educadores para ensinar linguas indíxenas en colexios que teñen nas súas aulas a un alto número de nenos provenientes de etnias orixinarias.

Fonte: Noticias123

O Goberno local comprométese a promover a lingua urdu en Nova Delhi

O Goberno de Delhi e a Academia do Urdu están traballando ininterrompidamente para promover a lingua urdu na capital. Os fondos para a Academia do Urdu aumentaron.

Fonte: New Kerala

Crean un centro de formación e investigación da lingua de signos india

O Ministerio de Xustiza Social e Integración aprobou a creación dun centro de formación e investigación da lingua de signos india a través dun proxecto de cinco anos de duración, como centro autónomo da Universidade Nacional Aberta Indira Gandhi en Nova Delhi.

Fonte: 2Classnotes

O Partido Popular de Botswana pide a oficialidade das linguas minoritarias do país

O responsable do Partido Popular de Botswana, Motlatsi Molapise, afirmou que Botswana é unha nación multicultural con diversas etnias cuxas linguas precisan de promoción.

Fonte: Mmegi

O español é a lingua máis consultada na Biblioteca Dixital Mundial

A lingua española é a máis utilizada na páxina electrónica da Biblioteca Dixital Mundial (BMD), segundo declarou o seu director, John Van Oudenaren.

Fonte: PantanalNEWS

O ensino da lingua de signos brasileira podería ser obrigatorio nas escolas públicas e privadas do país

As persoas con discapacidade auditiva poderían ter a aprendizaxe máis fácil nas escolas. O proxecto de lei do Senado 14/07 convertería a lingua de signos brasileira en obrigatoria para todos os estudantes xordos como lingua de comunicación, en todos os niveis e modalidades da educación básica, nas institucións públicas e privadas de ensino.

Fonte: Correio do Brasil

O Ministerio de Educación de Grecia presenta un proxecto de lei sobre o ensino do idioma grego no estranxeiro

O Ministerio de Educación está tentando acabar co dispendio de recursos mediante a aprobación dun proxecto de lei sobre o ensino da lingua grega no estranxeiro que foi presentado polo viceministro de Educación Fofi Gennimata.

Fonte: Greek Reporter

As persoas con discapacidade auditiva queren promover a aprendizaxe da lingua de signos chilena

A poboación con discapacidade auditiva debe sor­tear na vida cotiá diversas barreiras á hora de querer comunicarse con outros debido ao escaso coñecemento da súa lingua de signos.

Fonte: El Día

Instan as escolas de Tailandia a promover a aprendizaxe da lingua chinesa

O Ministerio de Educación de Tailandia insta as escolas de todo o país a promover o estudo da lingua chinesa, dado que se considera unha ferramenta importante para contribuír ao desenvolvemento educativo a nivel internacional.

Fonte: The Thai Financial Post

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder