Mundo
Dous organismos públicos da República de Irlanda incumpren a lexislación referida á lingua
Seán O’Cuirreáin, o comisario responsable da lingua irlandesa, revelou que o organismo sanitario HSE West e o Museo Nacional de Irlanda estaban a incumprir a lexislación referida á lingua. A Oficina dos Oireachtas (Parlamento da República de Irlanda) será agora a encargada de tomar as medidas adicionais oportunas para corrixir estas infraccións.
Fonte: NewsTalk
Unha nova normativa europea pode impedir a etiquetaxe só en catalán
Etiquetar produtos só en catalán podería ser imposible se o Parlamento Europeo aproba unha nova directiva que permite aos Estados membros obrigar a que todas as etiquetas estean, como mínimo, nunha das linguas oficiais da Unión Europea, entre as que non está a catalá.
Fonte: La Vanguardia
O Parlamento austríaco aprobou unha lei que permite duplicar a sinalización bilingüe na zona de minoría eslovena
O Parlamento austríaco deu un pequeno paso para pór fin a unha antiga disputa coa minoría eslovena do sur do país ao aprobar unha lei que permite duplicar o número de comunidades que poden empregar a sinalización bilingüe.
Fonte: Monsters and Critics
Un proxecto pretende preservar unha lingua amazónica ameazada de Ecuador
Un proxecto educativo bilingüe pretende preservar unha lingua ameazada, o waotededo, falada por case tres mil persoas na rexión amazónica ecuatoriana.
Fonte: Terra
A lingua tamazight xa é oficial en Marrocos
A lingua tamazight xa é oficial en Marrocos. No referendo do 1 de xullo os marroquís votaron a favor da nova Constitución, que prevía, entre outros cambios, outorgarlle ao tamazight o status de lingua oficial de Marrocos en pé de igualdade co árabe.
Fonte: Linguamón
O Instituto Goethe celebra o seu sexaxésimo aniversario
O Instituto Goethe, que cumpre nestas datas sesenta anos, fundouse en 1951. Cos seus 150 centros en 92 países dos cinco continentes é o principal organismo destinado á difusión da lingua e cultura alemás no mundo.
Fonte: DRadio Wissen
Suecia planea a introdución do chinés nas escolas
O ministro de Educación sueco, Jan Björklund, planea introducir clases de chinés nas escolas. Con esta medida Suecia converteríase no primeiro país de Europa en ofrecer esta lingua no ensino. O ministro defendeu que o acceso á lingua chinesa das futuras xeracións é crucial para ser máis competitivos no marco económico actual.
Fonte: Financial Times
Empresarios innovadores neozelandeses crean un teclado en lingua maorí
Dous empresarios neozelandeses deseñaron o primeiro teclado do mundo en lingua maorí coincidindo coa Semana da Lingua Maorí en Nova Zelandia.
Fonte: The Daily Post
Venezuela bate récord no número de estudantes de portugués
O número de alumnos de lingua portuguesa continúa a medrar en Venezuela. Na área da capital, Caracas, hai máis de 1700 estudantes activos, aínda que existe unha falta de salas axeitadas para o ensino.
Fonte: Notícias Sapo
O novo sitio do departamento de sanidade de Quebec publícase só en francés malia as leis que prescriben o bilingüismo
O Goberno de Quebec publicou un novo sitio web do departamento de sanidade unicamente en francés a pesar de que as leis obrigan a empregar tamén o inglés en todas as comunicacións cos cidadáns.
Fonte: National Post
Boletín
Subscríbase ao boletín