Mundo
Unha mellora da lexislación axudará a conservar o acerbaixano
A Lei da lingua, que se está a desenvolver, establecerá a conservación do acerbaixano. O presidente de Acerbaixán, Ilham Aliyev, dixo que é fundamental protexer a lingua materna da influencia exterior.
Fonte: News.Az
O Parlamento grego pide que se promova a súa lingua en Australia
A viceministra de Educación, Formación Permanente e Asuntos Relixiosos de Grecia, Fofi Gennimata, informou o Parlamento da introdución da lingua grega no currículo australiano. A incorporación do grego entre as 11 linguas prioritarias apoiadas polo Goberno de Australia atópase nestes momentos en fase de consulta.
Fonte: Greek Reporter
Francófonos de Flandes querélanse ante Nacións Unidas
Unha asociación que defende os dereitos dos francófonos belgas que residen na comunidade neerlandófona de Flandes anunciou que presentou unha querela ante o Consello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas por "violación dos dereitos humanos" en detrimento dos seus intereses.
Fonte: El Universal
Poñen en marcha programas para preservar a lingua e a cultura maias no estado mexicano de Quintana Roo
A Secretaría de Cultura de Quintana Roo puxo en marcha a organización de diversos actos e programas que permitan recompilar, preservar e divulgar a lingua e cultura maias, segundo informou Ramón Patrón García.
Fonte: Yucatán
A Unión Europea prevé adoptar o inglés como idioma para as súas operacións militares
A Unión Europea (UE) ten previsto abrir un debate sobre a posibilidade de adoptar o inglés como idioma único para mellorar a coordinación entre as forzas armadas dos Estados membros.
Fonte: Diario Sur
Colombia celebra a Festa das Linguas no marco da Feira do Libro de Bogotá
A Festa das Linguas ten como obxectivo celebrar a diversidade cultural de Colombia e promover as obras literarias en diversos dialectos indíxenas no marco da Feira do Libro de Bogotá entre o 4 e o 16 de maio.
Fonte: People's Daily Online
Os inmigrantes na Illa de Man deben saber falar e entender inglés se queren continuar alí
Os inmigrantes de fóra de Europa que queiran seguir vivindo na Illa de Man deberán cumprir cos requisitos de coñecemento do inglés. Os solicitantes poden demostrar a súa capacidade para falar inglés mediante un exame nun centro examinador oficial, sendo nacional dun país de fala inglesa ou a través dunha licenciatura ou equivalente do Reino Unido cursada en inglés.
Fonte: Energy FM
O presidente de Nixeria comprométese a promover as linguas indíxenas
O presidente de Nixeria, Goodluck Jonathan, reiterou o compromiso da súa administración de garantir a preservación das linguas indíxenas do país e asegurou que a lingua é o vehículo do desenvolvemento, así como o instrumento para a integración nacional e as relacións internacionais.
Fonte: Compass
O Instituto Portugués do Oriente lanza un manual de ensino de portugués en Macau
O Instituto Portugués do Oriente (Ipor) puxo á venda en Macau o primeiro de dez manuais de ensino da lingua portuguesa que seguen o acordo ortográfico e o marco común de referencia para as linguas europeas.
Fonte: Lusa
A lingua xaponesa descende da península coreana
A lingua xaponesa, cuxa orixe é obxecto de debate entre os especialistas, non naceu no arquipélago senón que é resultado da migración de agricultores procedentes da península coreana, segundo un estudo baseado na xenética.
Fonte: AFP
Boletín
Subscríbase ao boletín