Mundo
Cada vez máis cubanos deciden aprender chinés
Cada vez máis cidadáns cubanos están interesados en aprender chinés mandarín motivados pola crecente alianza económica e política entre os Gobernos de China e Cuba.
Fonte: Telemundo 51
Publícase a Biblia en mirandés
O autor Amadeu Ferreira, un dos principais impulsores da lingua mirandesa, acaba de publicar a Biblia nesta lingua. Ls Quatro Eibangeilhos, que así se chama a obra en mirandés, é o resultado dunha tradución realizada entre 2001 e 2004 a partir do latín.
Fonte: TVNET
O galego participa nunha iniciativa europea para promover entre a mocidade o uso das linguas propias minoritarias
A Xunta de Galicia participa en Donegal (Irlanda) nunha iniciativa que busca promover entre a mocidade o uso dos idiomas propios en diferentes comunidades europeas con linguas socialmente minoritarias. Con este fin, a Secretaría Xeral de Política Lingüística presentará os principais programas que está a promover para ampliar a presenza do galego nas franxas de idade máis novas.
Fonte: Xunta de Galicia
Máis de 2900 nenos reciben unha educación bilingüe en Perú
A organización Save the Children informou que máis de 2900 nenos peruanos de 54 escolas das rexións de Ayacucho, Huancavelica e Cusco acadaron importantes avances na comprensión e produción de textos en quechua, a súa lingua nativa, no marco dun proxecto de ensino bilingüe que promove a súa cultura.
Fonte: Andina
Unha federación de organizacións literarias e culturais dunha rexión da India promove a lingua caxemira
Co fin de promover e preservar a lingua e a literatura caxemiras, Adbee Markaz Kamraz, un grupo de organizacións literarias e culturais da rexión de Caxemira na India, organizará dous actos literarios nas cidades indias de Sopore e Kupwara.
Fonte: Ground Report
Unha xornalista sueca emprende unha viaxe para elaborar un estudo do uso do árabe en Europa
Unha xornalista sueca de orixe palestina emprende unha viaxe por Europa para facer un inventario do uso do árabe no continente co obxectivo de elaborar un informe dos lugares onde se fala.
Fonte: Presseurop
Os empregados do Goberno de Nunavut en Canadá xa poden falar inuktitut no traballo
Os empregados do Goberno de Nunavut en Canadá poden agora exercer o dereito de falar inuktitut no traballo amparados pola nova lei de protección da lingua inuit que recentemente entrou en vigor.
Fonte: Nunatsiaq Online
Un proxecto en Gales céntrase na promoción da lingua chinesa entre os escolares galeses
Un proxecto liderado pola Universidade de Cardiff brinda competencias lingüísticas e concienciación cultural a escolares galeses co fin de que poidan traballar con profesionais chineses no futuro. O ano pasado, o proxecto ofertou máis de 100 cursos de chinés en todo o País de Gales.
Fonte: Wales/Cymru
Acerbaixán propón adoptar o turco como lingua común para a totalidade de países de fala túrquica
O presidente da Comisión de Cultura do Parlamento de Acerbaixán declarou nunha conferencia que o turco pode adoptarse como lingua común para todos os países de fala túrquica.
Fonte: Trend
Quebec inicia unha campaña para impulsar o uso do francés nos sinais de tipo comercial
Inspectores da lingua francesa de Quebec iniciaron unha campaña para impulsar o uso do francés nos sinais de tipo comercial das multinacionais e grandes comercios establecidos na provincia canadense. Louise Marchand, presidenta da Oficina da Lingua Francesa, declarou que os nomes ingleses estarán permitidos, pero terán que ir acompañados dun termo descritivo ou un slogan en francés.
Fonte: CTV
Boletín
Subscríbase ao boletín