Mundo
Un estudo revela que as competencias lingüísticas dos mozos estonianos están en declive
Especialistas da lingua en Estonia están preocupados pola deterioración que esta está a sufrir entre a mocidade estoniana e afirman que as escolas deberían impoñer normas máis estritas.
Fonte: ERR
O galego consolídase nos programas académicos das universidades alemás e reforza a súa proxección exterior

A lingua galega consolídase nos programas académicos das universidades de Alemaña e reforza, deste xeito, a súa proxección e recoñecemento internacionais a través da docencia, da investigación e das actividades de promoción do idioma, da literatura e da cultura de Galicia. Á consecución deste obxectivo contribúe o novo Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade de Heidelberg, que foi inaugurado polo secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.
Fonte: Xunta de Galicia
O ruso convértese na segunda lingua oficial de Osetia do Sur
O ruso será a segunda lingua oficial de Osetia do Sur despois de que a maior parte dos electores votara a favor deste recoñecemento nun referendo. Ata agora, o idioma oficial era o osetio a pesar de que unha parte significativa da poboación empregase o ruso.
Fonte: Diário da Rússia
O Ministerio de Asuntos Exteriores de Portugal fusionará as oficinas de cooperación e promoción da lingua nun único instituto
O Goberno portugués fusionará o actual Instituto Camões (IC) e o Instituto Portugués de Apoio ao Desenvolvemento (IPAD) no novo Camões: Instituto da Cooperación e da Lingua, que terá por misión potenciar o desenvolvemento da cooperación internacional e a promoción da lingua e a cultura portuguesas no estranxeiro.
Fonte: Diário digital
O presidente da Axencia de Noticias de Portugal apoia a creación dunha axencia internacional de noticias en lingua portuguesa

O presidente da Lusa (Axencia de Noticias de Portugal) propón a creación dunha axencia internacional de noticias en lingua portuguesa que será un importante instrumento de información para un dos idiomas máis falados do mundo.
Fonte: SIC Notícias
Unha nova lei en materia de linguas afianzará o multilingüismo en Sudáfrica
A nova Lei de linguas de Sudáfrica afianzará o multilingüismo, tal como se establece na constitución, por medio de medidas para "elevar o status e promover" as linguas de orixe africana nos departamentos gobernamentais.
Fonte: Daily News
A demanda de ensino en francés medra no estado americano de Luisiana
No estado de Luisiana, nos Estados Unidos de América, hai unha demanda cada vez maior de ensino dunha segunda lingua, a medida que as linguas diferentes ao inglés acadan unha maior presenza nos EUA. Aínda que a demanda de lingua española é aínda moi alta, agora as familias de Luisiana solicitan cada vez máis ensino en francés para os seus fillos, co fin de que estes teñan máis oportunidades de éxito no futuro.
Fonte: Associated Press
Un condado do estado americano de Nebraska rexeita a publicación das papeletas electorais en español
O condado de Dodge, no estado americano de Nebraska, non imprimirá o material electoral en lingua española porque cre que o nivel de alfabetización da poboación de orixe latina (un 10 % do total do condado) é superior á media nacional.
Fonte: Fox News
A publicación dun libro axudará a salvar unha lingua ameazada de Paquistán
Co fin de responder á necesidade de protexer as linguas locais, durante a presentación da tradución do libro A lingua ormuri: pasado e presente, expertos de Paquistán e outros países instaron a facer un esforzo para salvar esta lingua, falada polo pobo ormuri en Paquistán e Afganistán.
Fonte: The Express Tribune
A diversidade lingüística e cultural do Camiño de Santiago protagoniza unha exposición que chega a Alemaña
A diversidade lingüística e cultural do Camiño de Santiago protagoniza unha exposición que chega a Alemaña e que busca poñer en valor o plurilingüismo e a riqueza cultural no ámbito europeo a través do galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín