Mundo
O Vocabulario Ortográfico Común da lingua portuguesa estará listo no ano 2014
O director executivo do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP) garantiu que o Vocabulario Ortográfico Común (VOC) do Novo Acordo Ortográfico estará listo en xullo de 2014.
En Indonesia só o 10 % das linguas nativas do país sobrevivirá ao cambio de século
Abdul Rachman Patji, director dun centro de investigación do ámbito sociocultural no Instituto Indonesio de Ciencias, afirmou que un total de 169 linguas nativas do país desaparecerán pola falta de uso.
Fonte: The Jakarta Post
Aumenta o gasto público na tradución cara ao irlandés en Irlanda do Norte
O Departamento de Educación de Irlanda do Norte informou que se incrementou considerablemente o gasto en servizos de tradución cara ao irlandés desde 2006.
Fonte: BBC
A Comisión Europea di que corrixirá os seus documentos oficiais para incluír os topónimos 'A Coruña' e 'Ourense'
O comisario de Transportes, Siim Kallas, anunciou que corrixirá o seu documento de proposta sobre redes transeuropeas de transportes para substituír os topónimos 'La Coruña' e 'Orense' polos oficiais 'A Coruña' e 'Ourense'.
Fonte: Faro de Vigo
Un plan en Escocia busca incrementar o número de falantes de gaélico

O bosquexo do Plan nacional da lingua gaélica 2012-2017, que está a ser avaliado polo organismo público Bòrd na Gàidhlig, busca reconverter o gaélico nunha "lingua saudable e forte" por medio da promoción da súa aprendizaxe e uso en Escocia.
Fonte: Stv
A Academia Francesa desvela 3828 novas palabras da lingua francesa
A lingua francesa non deixa de medrar. Como proba disto, a Academia Francesa desvelou 3 828 novas palabras (dun total de 9860) na novena edición do seu dicionario.
Fonte: My Boox
Ucraína permite o uso das linguas das minorías étnicas nos tribunais
O Tribunal Constitucional de Ucraína decretou que, ademais do ucraíno, as linguas das minorías étnicas poden empregarse nos tribunais do país.
Fonte: Interfax
Unha campaña para incrementar o número de falantes de irlandés supera o seu obxectivo inicial en Irlanda do Norte
Unha campaña en Irlanda do Norte, que pretendía que 1 000 persoas se comprometesen a falar irlandés con fluidez, superou o seu obxectivo inicial só uns meses despois do seu lanzamento.
Fonte: Press Association
O navaho ocupa o primeiro lugar na lista de linguas nativas dos Estados Unidos en número de falantes
Un total de 169 000 persoas falan navaho na casa, o que o converte na lingua nativa americana máis falada dos Estados Unidos. Este dato resulta esperanzador, sobre todo se se ten en conta que moitas tribos están loitando para manter as súas linguas ancestrais.
Fonte: Associated Press
Preséntase en Bordeaux o novo organismo regulador da lingua occitana
O Congreso Permanente da Lingua occitana encargarase da regulación lingüística do occitano. O novo organismo conta co apoio das rexións francesas de Aquitania, Languedoc-Rosellón, Mediodía-Pireneos e Ródano-Alpes. O próximo mes de marzo, unha manifestación demandará mellores políticas para impulsar o uso público da lingua.
Fonte: Nationalia
Boletín
Subscríbase ao boletín