Mundo
Unha universidade mexicana pretende salvar a lingua zoque
Por medio de cursos, a Universidade de Ciencias e Artes de Chiapas (Unicach) busca preservar a lingua zoque, que está en perigo de desaparición.
Fonte: El Heraldo de Chiapas
Microsoft presenta un paquete de software en linguas africanas
Microsoft publicou por primeira vez un paquete de software en linguas africanas. Usuarios informáticos do continente africano poderán agora ter acceso a software localizado en suahili (lingua costeira de África oriental), igbo, hausa, iorubá (linguas de Nixeria) e en amárico de Etiopía.
Fonte: Computerworld
O Instituto Politécnico de Macau impartirá dous programas de doutoramento en portugués
O Instituto Politécnico de Macau ofrecerá en portugués os dous primeiros programas de doutoramento en Lingua e Cultura Portuguesas e Administración Pública. O programa en Lingua e Cultura Portuguesas responde a unha necesidade das institucións de ensino superior tanto en Macau como no resto de China.
Fonte: Portugal Global
Vietnam adopta a lingua local para facer máis accesible o ensino aos nenos das minorías étnicas
Na provincia Lao Cai do norte de Vietnam, as escolas primarias locais introduciron a lingua mong nas súas aulas co fin de facer o ensino máis accesible aos nenos das minorías étnicas e mellorar os estándares educativos.
Fonte: SOS Children's villages
Defensores da lingua galesa avogan por .cymru como dominio de internet para Gales
En Gales inciouse unha batalla sobre que versión do nome do país debe figurar ao final dos futuros sitios web. Os defensores da lingua galesa avogan polo nome en galés ".cymru", e non ".wales", porque a razón principal de conseguir un dominio para Gales era crear unha comunidade de falantes de galés na rede. Porén, o ministro principal de Gales, Carwyn Jones, declarou recentemente que apoia o domino exclusivamente en inglés ".wales".
Fonte: Wales Online
Inglaterra podería fixar un límite temporal ao apoio pedagóxico en lingua inglesa a alumnos das minorías étnicas
Un de cada seis alumnos das escolas primarias públicas de Inglaterra fala inglés como lingua adicional á materna. Despois de realizar unha consulta sobre financiamento no ensino, o Goberno está explorando a posibilidade de fixar un límite temporal ao apoio pedagóxico que estes alumnos reciben en lingua inglesa.
Fonte: BBC
A lingua portuguesa está aínda presente no ensino oficial do estado indio de Goa
O portugués ensínase na educación oficial e particular do estado indio de Goa a “arredor de 1300 alumnos”. Nas escolas oficiais, como lingua opcional, conta con “preto de 700 estudantes”.
Tradúcese a Biblia á lingua crioula de Xamaica
En Xamaica iniciouse a tradución da Biblia á lingua crioula do país. Trátase dunha iniciativa apoiada polos xamaicanos que queren que a súa lingua materna se consagre como lingua nacional, mais criticada por outros, que pensan que aprender e falar inglés debería ser a prioridade.
Fonte: BBC
A lingua neerlandesa está a gañar terreo nos servizos relixiosos das mesquitas dos Países Baixos
As mesquitas dos Países Baixos comezan a eliminar gradualmente os sermóns realizados unicamente en lingua árabe. Unha investigación da Universidade de Utrecht mostrou que os musulmáns surinameses son os principais responsables deste cambio.
Fonte: Radio Netherlands
China abrirá 251 escolas en Tibet que ofrecerán unha educación en chinés mandarín e tibetano
O Goberno rexional da provincia autónoma de Tibet anunciou un plan para abrir un total de 251 garderías que ofrecerán unha educación tanto en chinés mandarín como en lingua tibetana.
Fonte: The Economic Times
Boletín
Subscríbase ao boletín