Mundo
O ano 2011 deixa algúns logros para as linguas nativas americanas
Aínda que as estatísticas mostran que as linguas nativas americanas están ameazadas e o censo dos Estados Unidos revela que queda menos de medio millón de falantes destas linguas en todo o país, houbo algúns avances na súa revitalización e preservación ao longo do ano 2011.
Fonte: Indian Country
O presidente de Xeorxia promove a lingua xeorxiana entre as minorías étnicas
O presidente xeorxiano, Mikheil Saakashvili, reuniuse con 150 participantes do programa estatal "A lingua xeorxiana para o éxito futuro" que anima as minorías étnicas de todo o país a fortaleceren o sentimento de identidade xeorxiana.
Fonte: The Messenger Online
Unha asociación demanda a oficialización do éuscaro en Francia
A pesar dos progresos significativos no apoio ao éuscaro nos últimos anos no País Vasco francés, a asociación Euskal Konfederazioa cre que o proceso de promoción lingüística ten que pasar necesariamente pola oficialización da lingua vasca.
Fonte: Le Journal du Pays Basque
Moitos municipios suecos incumpren a obriga de axudar os inmigrantes a introducirse no uso da lingua sueca
Unha investigación revela que moitos municipios de Suecia incumpren a obriga de ofrecer prazas de lingua sueca, nos prazos estipulados por lei, a inmigrantes que acaban de chegar ao país.
Fonte: The Local
O ensino da lingua rusa florece na India
O estudo da lingua rusa experimentou un desenvolvemento na India e espérase que continúe esta tendencia grazas á promoción e ao apoio por parte de institucións afiliadas co Goberno ruso. Como proba disto, o número de estudantes e clases de ruso ten rexistrado un incremento no país asiático.
Fonte: Russia and India Report
O colexio de avogados de Quimper asina un acordo para estimular o uso da lingua bretoa na Bretaña
O colexio de avogados da cidade de Quimper, en Francia, asinou o acordo "Ya d’ar brezhoneg", aprobado pola Oficina da Lingua Bretoa, para estimular o uso desta lingua na vida cotiá na Bretaña.
Fonte: Novo Press
Organizacións sociais de Bolivia demandan o ensino de chinés mandarín nas escolas
Varias organizacións sociais demandaron ao Ministerio de Educación boliviano o ensino de chinés mandarín como lingua estranxeira nas escolas públicas do país.
Fonte: FM Bolivia
As estatísticas mostran unha caída do 80 % no número de auxiliares de linguas estranxeiras en Escocia
Alasdair Allan, o ministro de Ensino, Ciencia e Linguas escocesas, anunciou a celebración dun encontro cos xefes de educación doutras partes do mundo co fin de inverter o declive do ensino das linguas estranxeiras nas escolas escocesas, despois de que as estatísticas mostraran unha caída do 80 % no número de auxiliares de lingua estranxeira en Escocia.
Fonte: Stv
O candidato republicano á presidencia dos Estados Unidos apoia que o inglés se converta na lingua oficial do país
O candidato republicano á presidencia dos Estados Unidos, Rick Perry, defendeu que lle gustaría que o inglés se convertese na lingua nacional do país, despois de concordar coa opinión dun votante que protestou pola presenza de varias linguas estranxeiras na vida cotiá dos Estados Unidos.
Fonte: Associated Press
O Estado portugués aplicará a partir de agora o Acordo Ortográfico da lingua portuguesa nos documentos oficiais
Os documentos do Estado portugués, así como os servizos e entidades gobernamentais como o Diario da República, aplicarán a partir de agora o Novo Acordo Ortográfico da lingua portuguesa.
Fonte: European Pressphoto Agency
Boletín
Subscríbase ao boletín