Mundo
O ensino da lingua alemá florece en Europa
Nos tempos actuais de crise, un grupo de traballadores está a gozar de prosperidade grazas aos bos índices da economía xermana: os profesores de lingua alemá. Os centros do Instituto Goethe de toda Alemaña están a rexistrar un forte incremento de estudantes de Grecia e España, dous dos países máis castigados pola crise na zona do euro.
Fonte: FT
Un brasileiro de 15 anos adapta o iPhone á lingua portuguesa
Un mozo brasileiro de 15 anos adapta o iPhone 4S, da empresa norteamericana Apple, á lingua portuguesa. O aparello está dispoñible só en inglés, francés e alemán.
Fonte: Ciência Hoje
Non hai consenso sobre as linguas nativas que se impartirán nas escolas bolivianas
Aínda non se chegou a un consenso sobre as linguas orixinarias que deben impartirse nas unidades escolares de Bolivia. As autoridades educativas instruíron que as provincias apliquen a lingua nativa que predomina na zona, incluído o quechua. Porén, organizacións sociais pensan que se debe dar prioridade ao ensino das linguas orixinarias do departamento de Santa Cruz.
Fonte: Los Tiempos
Tíbet retransmitirá máis programas de radio e televisión bilingües
Zhang Chongyin, xefe da oficina rexional de radio, cinema e televisión de Tíbet, informou que a oficina mellorará a cobertura de radio e televisión en zonas remotas da rexión, retransmitirá máis programas bilingües e traducirá un maior número de películas chinesas e estranxeiras para o pobo tibetano.
Fonte: China Daily
Un 90 % dos hospitais británicos non inspecciona o nivel de inglés dos enfermeiros antes de contratalos para traballar
Menos de un de cada dez hospitais británicos realiza algunha inspección para comprobar se os enfermeiros procedentes de Europa saben falar inglés antes de contratalos para traballar. Segundo o organismo de control do Servizo Nacional de Saúde británico, os problemas lingüísticos xorden unicamente cando os pacientes solicitan máis analxésicos ou outro tipo de comida e non os entenden.
Fonte: Mail Online
Publícase unha guía para aprender o francés falado na illa da canle da Mancha de Guernsey
Un novo libro publicado en Guernsey, unha das illas británicas da canle da Mancha, ofrecerá unha pequena introdución da antiga lingua da illa.
Fonte: Language News
A Universidade de Iowa formará escritores en español
A Universidade de Iowa, nos EUA, ofrecerá aos seus alumnos un máster de literatura creativa en español. Deste xeito, a escola de literatura máis prestixiosa dos Estados Unidos afianza os alicerces para a expansión do idioma de Cervantes no país norteamericano.
Fonte: El Referente
A prohibición do referendo para a oficialización do ruso podería levar a manifestacións en Letonia
A prohibición da celebración do referendo sobre o estatuto do idioma ruso en Letonia podería conducir a protestas nas rúas, advertiron os líderes da organización Lingua materna, quen iniciaran a recollida de sinaturas para converter o ruso na segunda lingua oficial do país báltico.
Fonte: La Voz de Rusia
Poucas linguas indias prosperan no espazo virtual
Canto máis se fala e escribe unha lingua, máis prospera. Porén, cando o medio de comunicación é a rede, esa lingua precisa de tecnoloxía para poder acadar bos índices de uso. Desafortunadamente, moi poucas linguas indias prosperan no espazo virtual debido ao baixo número de cambios tecnolóxicos que obstaculiza o seu uso.
Fonte: The Economic Times
As Universidades de Lisboa e Pequín traballarán xuntas nunha plataforma para o ensino do portugués
As Universidades de Lisboa e Pequín e o Instituto Politécnico de Macau prepáranse para crear unha plataforma para o ensino da lingua portuguesa en China, afirmou en Macau o reitor da Universidade de Lisboa.
Fonte: ANGOP
Boletín
Subscríbase ao boletín