Mundo

Un lingüista defende que Gana debe empregar as súas linguas locais para promover a cohesión nacional e o desenvolvemento do país

Un lingüista africano da Universidade de Gana defendeu que este país debe adoptar un enfoque máis práctico á hora de estudar as súas linguas locais que sirva como ferramenta para acadar a cohesión nacional e o desenvolvemento económico.

Fonte: Ghana Government

Cada vez máis nenos indios falan inglés como primeira lingua

En India, cada vez máis nenos falan unicamente inglés e están perdendo completamente as linguas maternas dos seus proxenitores. Un factor desta tendencia podería ser que o país asiático está experimentando actualmente un incremento significativo de matrimonios compostos por persoas de diferentes rexións.

Fonte: The Hindu

A Axencia Lusa informa da situación "caótica" do ensino da lingua portuguesa no estranxeiro

Segundo informou a Axencia Lusa de noticias, a situación do ensino da lingua portuguesa no estranxeiro é "caótica" e está causando temor entre pais, estudantes e profesores. En total, desde o inicio deste ano lectivo, 15 000 crianzas están sen clases e case 200 profesores foron retirados do sistema educativo.

Fonte: TVI 24

O primeiro centro cultural para xordos de México investigará a lingua de signos mexicana

O primeiro centro cultural de xordos de México, actualmente en construción, realizará traballos de investigación e documentación da lingua de signos mexicana.

Fonte: La Crónica

Unha enquisa da BBC mostra que se debería mellorar o status da lingua galesa

Unha enquisa, elaborada por BBC Radio Cymru, mostra que case 3 de cada 5 galeses opinan que é preciso mellorar o status da lingua galesa. O estudo realizouse 50 anos despois de que o fundador do partido Plaid Cymru, Saunders Lewis, pronunciara o seu influente discurso sobre o futuro do galés.

Fonte: BBC

Unha escola de inmersión lingüística trata de salvar unha lingua nativa dos Estados Unidos

A escola de inmersión lingüística White Clay, no estado estadounidense de Montana, está tentando salvar a lingua atsina. Grazas aos esforzos da escola, 26 alumnos, todo un récord para o centro, están actualmente estudando esta lingua nativa dos EUA.

Fonte: Indian Country

A lingua saami está ameazada en Finlandia por mor do despoboamento rural

Expertos cren que as linguas saami poderían ser vítimas do despoboamento rural en Finlandia. Máis da metade dos nenos saami vive na actualidade fóra das rexións onde se fala esta lingua, en zonas onde a instrución da lingua é difícil de conseguir.

Fonte: Language News

O Partido Laborista de Croacia propón unha lei sobre o uso público da lingua croata

O Partido Laborista croata propuxo unha nova lei que ten como obxectivo garantir o uso público da lingua croata nas ofertas de emprego de empresas estranxeiras. A razón desta proposta é que moitas empresas estranxeiras con sede en Croacia empregan principalmente o inglés e o alemán como linguas de comunicación interna, mesmo con empregados croatas.

Fonte: Language News

Unha escola flamenga de Bruxelas castiga os alumnos por falaren en francés

Unha escola de ensino primario dun barrio de fala flamenga de Bruxelas castiga os seus alumnos por falaren en francés. Dous quintos dos estudantes da escola teñen o francés como primeira lingua e a escola advertiu aos pais que os seus fillos non poden falar a mesma lingua que usan na casa durante os recreos.

Fonte: The Telegraph

Alumnos de letras da Universidade Federal da Integración Latinoamericana terán a oportunidade de aprender guaraní

Co obxectivo de fortalecer a lingua guaraní e incorporala ao contexto latinoamericano, a Universidade Federal da Integración Latinoamericana (UNILA) do Brasil ofrecerá a partir de agora clases de guaraní como materia obrigatoria a todos os alumnos do curso de Letras, Arte e Mediación cultural.

Fonte: Click Foz do Iguaçu

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder