Mundo

Lingüistas e grupos indíxenas de Alasca apoian unha proposta destinada á preservación das linguas nativas do estado

Lingüistas e grupos indíxenas do estado estadounidense de Alasca organízanse para apoiar unha proposta destinada a preservar e revitalizar as 20 linguas nativas do estado. O senador Donald Olson recomenda a creación do Consello de Preservación das Linguas Nativas de Alasca.

Fonte: Native American Times

O estado indio de Bengala Occidental outorga o status de segunda lingua ao urdú

O Goberno de Bengala Occidental, na India, outorgou o status de segunda lingua ao urdú naquelas zonas do estado nas que existe polo menos un 10% de falantes desta lingua.

Fonte: DNA

O sector da educación en Angola necesita manuais de lingua portuguesa

O responsable da área de Estatística e Planificación da Educación na provincia angolana de Cunene, Angelino Hilinomenwa, informou de que o sector da educación necesita manuais de lingua portuguesa para o ensino primario.

Fonte: ANGOP

O novo sitio web da Presidencia de Timor Leste inclúe a lingua portuguesa

A Presidencia de Timor Leste, membro da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa, xa inclúe o portugués no seu novo sitio web.

Fonte: Diário de Notícias

O presidente de Letonia cre que os habitantes do país non deben discutir por causa da lingua

O presidente de Letonia, Andris Berzins, declarou que os cidadáns letóns non deben discutir por causa da lingua porque frea o desenvolvemento do país.

Fonte: Voz da Rússia

Sudáfrica planea a introdución do ensino obrigatorio de linguas africanas nas escolas

Co obxectivo de romper as barreiras lingüísticas entre os cidadáns, o Goberno de Sudáfrica planea a introdución do ensino obrigatorio das linguas africanas nas escolas. A política, que debe aínda consultarse publicamente, foi redactada despois de que o Departamento de Educación fixera unha análise da situación das linguas africanas nos centros educativos.

Fonte: Daily News

Designan a cidade de Wrexham como localidade bilingüe para promover a lingua galesa

Con motivo dun programa de promoción da lingua galesa, escolleuse a cidade de Wrexham como primeira "localidade bilingüe" de Gales.

Fonte: BBC

Un proxecto aspira a documentar as linguas ameazadas do mundo

Segundo cálculos da UNESCO, actualmente fálanse unhas 6000 linguas diferentes no planeta, mais unha gran parte está ameazada. Antes de que este patrimonio desapareza, o programa DoBeS, da Fundación Volkswagen, decidiu destinar os seus esforzos á creación dun rexistro mundial. En colaboración coa Fundación Max Planck, logrou documentar estes idiomas a través de medios audiovisuais e escritos.

Fonte: Mdz

O ministro de Asuntos Exteriores angolano prevé a proclamación do portugués como lingua de traballo das Nacións Unidas

O ministro de Asuntos Exteriores de Angola, Georges Chicoti, prognosticou que, nun prazo de cinco anos, o portugués pode converterse en lingua de traballo das Nacións Unidas.

Fonte: All Africa

A lingua portuguesa gaña espazo en Timor Leste

Prohibido durante case 25 anos, o portugués está gañando espazo en Timor Leste. O Brasil está incentivando actualmente a divulgación do idioma no país asiático que se independizou de Indonesia hai dez anos e cuxas linguas oficiais son o tetún e o portugués.

Fonte: Rádio Vaticano

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder