Mundo
O Goberno de Mozambique decide introducir linguas cimbabuesas nas escolas para evitar o éxodo de alumnos cara a Cimbabue
Os responsables educativos de Manica, no centro de Mozambique, están a reavaliar a introdución de linguas cimbabuesas nas escolas fronteirizas con Cimbabue para deter o éxodo de alumnos para o país veciño.
Fonte: Sapo
Río de Janeiro inaugura a súa primeira escola bilingüe portugués-español
A primeira escola pública bilingüe en español e portugués, para estudantes do ensino medio, foi inaugurada na cidade de Río de Janeiro, froito dun acordo entre o Goberno do estado de Río de Janeiro e a Embaixada de España no Brasil.
Fonte: Terra
Milleiros de persoas reclaman en Irlanda o dereito a empregar o irlandés en igualdade co inglés
Milleiros de persoas reclamáronlles en Dublín aos Gobernos da República de Irlanda e de Irlanda do Norte que se garanta o seu dereito a empregar a lingua irlandesa en todos os eidos da sociedade. A manifestación, convocada pola organización Conradh na Gaeilge, tivo lugar só uns meses despois da dimisión do comisario da Lingua Irlandesa, Seán Ó Currieáin.
Fonte: Nationalia
Un grupo de expertos denuncia que máis de 130 linguas corren perigo de desaparecer en Rusia
Malia os alardes de diversidade dos Xogos Olímpicos de Inverno de Sochi (Rusia), os expertos afirman que máis de 130 linguas están en grave perigo de desaparición no país eslavo. Unicamente na zona norte do Cáucaso, nas proximidades da cidade olímpica de Sochi, concéntranse máis de 40 linguas. De feito, o ubykh, a lingua da que procede o topónimo da cidade, xa desapareceu, despois dun proceso de colonización rusa da zona a partir do século XIX.
Fonte: The Boston Globe
Outras nacións do mundo poden estar interesadas en adoptar o portugués como lingua oficial
O director do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa declarou que outros países, como as nacións observadoras da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), están considerando a opción de introducir o portugués como lingua oficial, seguindo o exemplo de Guinea Ecuatorial.
Fonte: Porto Canal
A Universidade de Aveiro ofrece cursos de acceso libre de linguas estranxeiras
Alemán, chinés, español, francés, inglés, xaponés, persa e ruso son os idiomas que se poderán aprender ou perfeccionar nas sesións dos Cursos de Acceso Libre de Linguas, organizadas polo Departamento de Linguas e Culturas da Universidade portuguesa de Aveiro.
Fonte: Local.pt
O Goberno de Hawai ofrecerá exames de condución en linguas nativas
O Goberno de Hawai (EUA) ofrecerá a partir de marzo os exames de condución nun total de 12 linguas, entre as que se inclúen a lingua nativa hawaiana, o marshalés, o chinés mandarín e o español.
Fonte: Radio Australia
O Ministerio de Asuntos Aborixes de Australia creará dúas novas zonas lingüísticas delimitadas para preservar linguas nativas
O ministro de Asuntos Aborixes de Australia, Victor Dominello, anunciou que creará dúas novas zonas lingüísticas delimitadas no estado de Nova Gales do Sur para que se garanta o ensino e a protección das linguas nativas.
Fonte: The Australian
Inaugúrase unha exposición sobre a lingua portuguesa en Bruxelas
O Instituto Camões e un equipo de expertos do instituto portugués de investigación ISCTE inauguraron a exposición "Potencial económico da lingua portuguesa" no edificio do Parlamento Europeo en Bruxelas.
Fonte: Expresso
O mundo celebra o Día Internacional da Lingua Materna
Desde o ano 2000 celébrase o Día Internacional da Lingua Materna cada 21 de febreiro co obxectivo de impulsar a diversidade lingüística e cultural e o multilingüismo. A data elixida para a celebración conmemora as manifestacións estudantís que tiveron lugar en 1952 en Dacca, capital do actual Bangladesh, e nas que varios participantes morreron en defensa da lingua bengalí para que se recoñecese como un dos dous idiomas oficiais do que daquela era Paquistán.
Fonte: UNESCO
Boletín
Subscríbase ao boletín