Mundo
Unha cantante da illa de Man achega un novo impulso á recuperación do manés
Unha cantante da illa de Man (Reino Unido) aspira a dar un "novo sopro de vida" á lingua manesa, que a Unesco clasificara como extinta. A cantante de 25 anos, Ruth Keggin, declara que a lingua nunca morreu e que a súa recuperación comezou hai xa décadas.
Fonte: BBC
Unha marcha demandará a oficialización da lingua mapuche
Na cidade chilena de Temuco terá lugar a terceira marcha para esixir a oficialización da lingua mapuche, o que implicaría o seu uso e ensino nos servizos públicos e centros educativos.
Fonte: Biobiochile
O portugués é na actualidade a cuarta lingua máis falada no mundo
O portugués é actualmente a cuarta lingua máis falada no mundo, segundo os datos presentados na exposición “Potencial Económico da Lingua Portuguesa” que se exhibe no Parlamento Europeo.
Fonte: Euronews
Europarlamentarios e expertos preséntanlle unha serie de medidas á UE para fortalecer a pluralidade lingüística
A resolución do Parlamento Europeo do 11 de setembro sobre Linguas europeas ameazadas de desaparición e a diversidade lingüística na UE significa "un fito" e "un punto de partida" para lograr máis apoios, medios e recoñecemento das linguas minoritarias.
Fonte: Noticias de Navarra
A rexión indonesia das Flores Oriental quere ensinarlles portugués a nenos e a católicos
A Administración rexional das Flores Oriental, en Indonesia, quere ensinarlles portugués aos nenos, á confraría "Rainha do Rosário" e ao grupo Mama Muji, que reza na lingua de Camões desde hai varios séculos, seguindo a evanxelización de misioneiros católicos portugueses na rexión.
Fonte: Notícias ao Minuto
A Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa pídelle a Ucraína maior equilibrio en materia lingüística
A alta comisionada da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE) para as Minorías Étnicas, Astrid Thors, instou as autoridades de Ucraína a aplicar unha política máis equilibrada e inclusiva en materia lingüística.
Fonte: Ria Novosti
O inglés é a segunda lingua nunha de cada nove escolas do Reino Unido
A influencia dos inmigrantes procedentes do leste de Europa axudou a promover o importante incremento do número de alumnos que non falan inglés como lingua principal.
Fonte: Express
Unha experta afirma que o cerebro pode facerse bilingüe a calquera idade
Barbara Abdelilah-Bauer, fundadora do Centro de Animación e Formación para a Educación Bilingüe e Plurilingüe en Francia, afirmou que as persoas poden facerse bilingües a calquera idade, xa que o cerebro está preparado para iso.
Fonte: El Periódico de Aragón
Xeorxia quere aprobar unha lei que obrigue a utilizar unicamente o inglés en oficinas públicas do Estado
Os inmigrantes do estado de Xeorxia enfrontan unha nova arremetida antiinmigrante, esta vez cun proxecto de lei que, de ser aprobado pola Asemblea, prohibiría o uso doutros idiomas -que non sexa o inglés- nas oficinas públicas do Estado.
Fonte: Univisión
Ponse en marcha en Friúl unha campaña para incentivar a transmisión do friulano de pais a fillos
Para asegurar a continuidade do idioma nas novas xeracións, a Axencia Rexional da Lingua Friulana (ARLEF) iniciou unha campaña informativa na maternidade de Palmanova (Friúl) que incide nos beneficios de transmitirlles esta lingua aos acabados de nacer.
Fonte: Nationalia
Boletín
Subscríbase ao boletín