Mundo
Alumnado do ensino público de São Paulo aprende linguas para recibir turistas durante a Copa do Mundo de Fútbol
Alumnado do ensino público de São Paulo aprende outras linguas alén do portugués para recibir os turistas que se acheguen ao Brasil con motivo da Copa do Mundo de Fútbol.
Fonte: G1.Globo
Unha gramática do idioma tetún está á espera de financiamento para ser publicada
O lingüista timorense, Luís Costa, concluíu unha gramática de tetún baseada na gramática da lingua portuguesa, instrumento que considera importante para o ensino da lingua no seu país. Porén, aínda falta financiamento para a súa edición.
Fonte: RTP
O Instituto da Lingua Alemá cumpre 50 anos
Desde 1964, lingüistas investigan no Instituto da Lingua Alemá, en Mannheim, todas as áreas do idioma alemán. Non só recollen dialectos, senón que tamén estudan o discurso coloquial e se preocupan polo futuro da lingua, para o ben de todos os falantes.
Fonte: DW
O Instituto da Lingua Portuguesa de Timor Leste será inaugurado durante o cumio da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa
O reitor da Universidade Nacional de Timor Leste, Aurélio Guterres, declarou que o Instituto da Lingua Portuguesa en Dili vai ser inaugurado durante o cumio da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa.
Fonte: Notícias ao Minuto
As linguas bálticas e outras con poucos falantes da Unión Europea loitan por sobrevivir á era dixital
En Letonia, o 95 % da poboación é bilingüe e o 54 % fala como mínimo tres linguas. Isto sitúa o país báltico no segundo con maior índice de bilingüismo da Unión Europea. Porén, o letón e outras linguas con menos falantes de Europa non poden competir con idiomas como o inglés, o ruso, o español, o chinés e o árabe en termos de visibilidade e uso nas novas tecnoloxías, o que podería traducirse nunha ameaza para a súa supervivencia.
Fonte: The Guardian
O ministro principal de Gales móstrase preocupado pola cobertura que a prensa londiniense fai sobre a lingua galesa
O ministro principal do País de Gales, Carwyn Jones, criticou con firmeza a cobertura que a prensa londiniense está a facer sobre Gales e a súa lingua. Declarou que se sente "moi preocupado" polo ton dos artigos xornalísticos que "suxiren que a lingua galesa supón un problema para Gales".
Fonte: BBC
Unha escola de Leeds será a primeira do Reino Unido en impartir o inglés como segunda lingua
A escola City of Leeds do condado británico de Yorkshire será a primeira do Reino Unido en introducir a materia de inglés como segunda lingua aos seus 350 alumnos, incluídos os que naceron no Reino Unido. A razón radica no baixo nivel de inglés do alumnado.
Fonte: Express
A chanceler alemá Angela Merkel anima os africanos a aprenderen alemán
A chanceler de Alemaña, Angela Merkel, anima os habitantes do continente africano a aprenderen alemán para poderen estudar na maior economía de Europa. A gobernante alemá tamén lembrou a necesidade de cambiarmos a visión que os europeos temos do continente africano.
Fonte: Correio da Manhã
Un proxecto de construción de vivendas en dous condados de Gales podería ter consecuencias desastrosas para a lingua galesa
Un grupo de activistas a prol da lingua galesa manifestou o seu rexeitamento ao proxecto de construción de novas vivendas nos condados galeses de Gwynedd e Anglesey que, segundo eles, podería ter consecuencias desastrosas para a lingua galesa.
Fonte: BBC
O Concello galés de Carmarthenshire aproba un informe con recomendacións para salvar a lingua galesa
O consello executivo do Concello de Carmarthenshire, no oeste de Gales, aprobou un informe que contén máis de 70 recomendacións para "salvar a lingua galesa", despois de que o último censo mostrase unha caída do 6 % no número total de falantes na zona.
Fonte: BBC
Boletín
Subscríbase ao boletín