Mundo
Unha nova aplicación en internet ofrece unha experiencia innovadora de aprendizaxe de idiomas
Lingua.ly, unha solución multiplataforma que explora os intereses do usuario para crear unha experiencia personalizada de aprendizaxe de idiomas, anunciou o lanzamento da súa aplicación gratuíta para Android. A medida que os usuarios len o contido en lingua estranxeira nos seus dispositivos móbiles e destacan palabras descoñecidas, Lingua.ly utiliza un intelixente dicionario que fornece a tradución desas palabras.
Fonte: R7
Celébrase a semana dos idiomas bretón e galó
O centro cultural bretón de Saint-Herblain organiza a "semana do bretón e do idioma galó". O departamento do Loira Atlántico e diversos concellos uniranse ás actividades organizadas con motivo desta celebración, que contará tamén co apoio da rexión da Bretaña.
Fonte: Ouest France
Un festival celebra a produción mundial de cinema en lingua portuguesa
Bota a andar en Lisboa o FESTin (Festival de Cinema Itinerante da Lingua Portuguesa), un acontecemento que celebra a diversidade da lusofonía. A programación desta quinta edición abordará temas como a democracia e a ditadura e dedicará a homenaxe á produción cinematográfica de Cabo Verde.
Fonte: RFI
Estudantes da Universidade de Aberystwyth en Gales inician unha folga para impedir que pechen a residencia de fala galesa
Estudantes da Universidade de Aberystwyth comezarán unha folga de fame de 48 horas para demandar que non se peche a residencia de fala galesa Pantycelyn.
Fonte: Morning Star Online
A Universidade de Coímbra mellora a oferta de cursos de lingua e cultura portuguesas
A Facultade de Letras da Universidade de Coímbra mellora a súa oferta de cursos de lingua e cultura portuguesas e divulgou xa algunhas das iniciativas que se desenvolverán no ano lectivo 2014-2015. O director da Facultade de Letras, José Pedro Paiva, subliña que "estudar portugués e cultura portuguesa na Universidade de Coímbra, unha das máis antigas academias de Europa, é unha experiencia única".
Fonte: Portugal Digital
A líder do Partido Quebequés culpa os liberais do declive da lingua francesa
A líder do Partido Quebequés, Pauline Marois, declarou que o Partido Liberal do Quebec non está comprometido coa defensa da lingua francesa e afirmou que de estar o seu partido no Goberno, adoptaría unha nova carta para garantir a protección dos dereitos lingüísticos no Quebec.
Fonte: CBC News
O xefe da rexión chilena da Araucania propón que o mapuche sexa declarado lingua oficial
O xefe do Goberno da rexión chilena da Araucania, Francisco Huenchumilla, proporá que, a nivel central e no contexto da reforma educativa, se oficialice o mapuche na rexión.
Fonte: Pura Noticia
A lingua tibetana acadará maior protección legal
Autoridades da rexión autónoma do Tibet anunciaron que están preparando unha nova lexislación vinculante para protexer a lingua tibetana e promover o seu desenvolvemento.
Fonte: Shanghai Daily
Parlamentarios checos queren regular o uso das linguas estranxeiras na publicidade
Nos últimos anos, produciuse na República Checa un incremento do número de anuncios publicitarios en linguas estranxeiras como o ruso ou o inglés. Na actualidade, algúns parlamentarios pretenden aprobar unha nova lei para regular o uso das linguas estranxeiras na publicidade. De se aprobar, as autoridades locais poderán prohibir o uso das linguas estranxeiras se non van acompañadas do mesmo texto en checo.
Fonte: Radio Praha
Un partido político checo propón ensinar a lingua romaní a nenos e nenas da minoría xitana
O partido checo da oposición, TOP 09, elaborou un plan para permitir que os nenos e nenas da minoría xitana poidan recibir ensino na lingua romaní en escolas de ensino elemental da República Checa. Outros partidos manifestaron o seu apoio á iniciativa aínda que algúns expuxeron as súas dúbidas sobre a idoneidade de crear clases separadas para o alumnado xitano.
Fonte: Radio Praha
Boletín
Subscríbase ao boletín