Mundo
Está en risco o status das linguas minorizadas en Ucraína
Os novos dirixentes revogan unha normativa que desde 2012 permitía a oficialidade das linguas diferentes do ucraíno a escala provincial e local. O presidente de Ucraína promete unha nova lei "equilibrada", pero non aclara se permitirá a oficialidade doutros idiomas.
Fonte: Nationalia
O Plan de Acción de Lisboa establece novas estratexias para a promoción do portugués
A promoción da lingua portuguesa nas ciencias, o emprendemento, a cooperación e as organizacións internacionais, ademais do ensino do portugués, son os eixes principais do Plan de Acción de Lisboa, aprobado polos ministros da lusofonía en Maputo.
O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas busca unha política pública que evite a extinción de varias linguas de México
Con 112 millóns de pesos para este ano, o Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (Inali) busca a implementación dunha política pública que evite a extinción de 64 das 364 variantes lingüísticas que actualmente hai en México.
Fonte: El Diario Mx
A lingua persa considérase como parte da identidade histórica da India
O presidente da Fundación Saadi de Irán, Qolam Ali Hadad Adel, subliñou a importancia da lingua e a cultura persas e urxiu un redobramento de esforzos para salvagardalas.
Fonte: Hispan TV
O Mercosur declara idioma de traballo o guaraní
O guaraní, falado maioritariamente en Paraguai, será o terceiro idioma de traballo oficial, xunto co español e o portugués, no Parlamento do Mercosur (Parlasur), unha decisión considerada “histórica” para América, segundo a Secretaría de Políticas Lingüísticas de Paraguai.
Fonte: La Razón
A lingua española «non goza de boa saúde» na comunicación científica
A lingua española «non goza de boa saúde» no ámbito da comunicación científica, tampouco na produción, onde o seu papel é «marxinal», segundo un estudo da Fundación Telefónica, cuxos autores afirman que o español debe competir «sen complexos» por ocupar un segundo lugar en divulgación.
Fonte: Fundeu
Un grupo de traballo creado polo Senado brasileiro quere mudar a ortografía da lingua portuguesa
Malia teren pasado case tres décadas entre a sinatura do acordo (1990) e a súa eventual aplicación no espazo da lusofonía, a insatisfacción persiste e pode resumirse na seguinte afirmación: "a lingua portuguesa é difícil e complexa".
Fonte: Portugal Digital
A lingua francesa perde forza en Marrocos
O 20 de marzo o mundo celebra o Día Internacional da Francofonía, unha data propicia para determinar o estado dos lugares onde se fala francés ou os valores compartidos pola comunidade francófona, e estudar as accións que se poden poñer en marcha para promover esta lingua que comeza retroceder fronte a outras como o inglés, o chinés, o árabe e o español.
Fonte: OujdaCity
O primeiro ministro de Crimea promete introducir o sistema bilingüe na península
O primeiro ministro de Crimea, Serguéi Aksionov, prometeu implementar o bilingüismo na república autónoma e garantiulles aos ucraínos a posibilidade de fomentar a súa lingua materna.
Fonte: Ria Novosti
O Día Europeo da Logopedia céntrase este ano no multilingüismo
Como vén ocorrendo desde 2004, o Comité Permanente de Logopedas da Unión Europea celebra, o 6 de marzo, o Día Europeo da Logopedia centrado, nesta ocasión, no multilingüismo.
Fonte: Discapnet
Boletín
Subscríbase ao boletín