Mundo
Luxemburgo discute o valor da lingua portuguesa no país
Un partido nacionalista luxemburgués preguntoulle ao Goberno do país sobre un anuncio de emprego publicado por unha asociación que pedía candidatos para unha praza de educador que falasen portugués, ademais das tres linguas oficiais de Luxemburgo.
Fonte: Sábado
Piden en Marrocos unha maior integración lingüística e cultural dos inmigrantes
Varios expertos e responsables políticos recomendaron en Rabat traballar por unha maior integración lingüística e cultural dos inmigrantes en Marrocos.
Fonte: La Información
Gambia quere que o inglés deixe de ser lingua oficial no país
O presidente de Gambia, Yahya Jammeh, indicou que o seu país ía abandonar o inglés, actualmente a súa lingua oficial, en beneficio dunha lingua nacional aínda non precisada.
Fonte: i24 News
Unha nova canle de televisión en Houston aposta por unha cultura bilingüe en español e inglés
A canle 2V Televisión, unha nova opción de entretemento en Houston, aposta, para alcanzar o éxito, por unha televisión para os hispanos en español e inglés.
Fonte: La Voz de Houston
Deseñan un software para o ensino interactivo do guaraní
A Universidade Nacional do Nordeste (UNNE) deseñou un programa informático para o ensino do idioma guaraní, no marco dunha serie de actividades co Goberno de Corrientes (Arxentina) para a revalorización das linguas nativas.
Fonte: Télam
Un total de 21 linguas indíxenas de México atópase ao bordo da extinción
En México existen 143 linguas indíxenas, das cales 21 están en perigo de extinción. Por exemplo, o ayapaneco de Tabasco, que só falan dous adultos da terceira idade, seguido do kiliwa de Baixa California con 36 falantes.
Fonte: Investigación y Desarrollo
Un estudo conclúe que indíxenas de América e Siberia falaban a mesma lingua
A relación xenética dos nativos de América do Norte e os pobos indíxenas da Siberia rusa xa foi establecida polos científicos. Agora un novo estudo afirma que tamén existe unha conexión lingüística entre eles.
Fonte: RT
A nova lei de linguas oficiais da República de Irlanda significará un retroceso no uso do gaélico
O borrador da nova lei de linguas oficiais de 2014 do Goberno da República de Irlanda incluirá a supresión da obrigatoriedade de publicar en gaélico irlandés os documentos que anuncien propostas de carácter lexislativo.
Fonte: The Irish Times
China mostra cada vez maior interese pola lingua portuguesa
China mostra cada vez maior interese pola lingua portuguesa e pretende transformar Macau nun centro de excelencia de ensino da lingua, declarou a académica Carmen Mendes, en Coimbra.
Fonte: Notícias ao Minuto
A comunidade deline de Canadá vota a favor do autogoberno e adquire competencias en materia lingüística
Unha comunidade do pobo sahtú, dos Territorios do Noroeste de Canadá, ratificou en referendo un acordo de autogoberno con Canadá que lle permitirá dispor de capacidade lexislativa e competencias en lingua, cultura e servizos sociais, entre outros. A Constitución do novo Goberno prevé que as institucións funcionen co inglés e o sahtú como idiomas oficiais. Todos os cidadáns do pobo deline terán dereito a se comunicaren coas institucións gobernamentais en calquera das dúas linguas.
Fonte: Nationalia
Boletín
Subscríbase ao boletín