Galicia

O Parlamento de Galicia aproba a actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega

O novo Plan xeral de normalización da lingua galega incorpora cambios relevantes no ensino, entre eles a posibilidade de impartir en galego materias científicas e tecnolóxicas na secundaria desde o curso 2028-2029, mantendo o reparto do 50 % entre as dúas linguas. O documento tamén busca garantir competencias equilibradas en galego e castelán na FP e reforzar o uso do galego na educación infantil.

Fonte: La Voz de Galicia

A Xunta dá continuidade ao programa para que o alumnado galego certifique o seu nivel de portugués

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse con Filipa Soares, responsable do Instituto Camões en España, e co cónsul xeral de Portugal en Vigo, Sr. João Bezerra da Silva, para facer seguimento e dar continuidade ao programa a través do que o alumnado galego pode certificar o seu nivel de portugués.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello da Estrada deu a coñecer os galardóns de 2026 dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística

Os Premios San Martiño de Normalización Lingüística 2026, impulsados polo Concello da Estrada, recoñecen o labor a prol da lingua galega das persoas e entidades galardoadas. Así, a Asociación Cultural Coto Manguelo recibe o premio comarcal polo seu traballo de dinamización cultural no rural; o grupo de pandeireteiras Leilía, o Galicia Enteira pola súa traxectoria na recuperación e difusión da música tradicional; e obradoiro Eferro, o premio a Toda unha Vida pola preservación da artesanía tradicional e a súa vinculación coa cultura e o territorio.

Fonte: La Voz de Galicia

Valentín García participa no acto de entrega de premios do XII Concurso Literario Mazarelos

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto de entrega de premios da XII edición do Concurso Literario Mazarelos, que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García participa na presentación do VII O Son da Gaita

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación do VII O Son da Gaita, unha das principais citas dos amantes da gaita galega e da música tradicional cos mellores intérpretes do país, organizada pola Asociación Cultural Pai da Cana coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Poio (Pontevedra).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convócase unha nova edición dos Premios Lingua e Empresa que distinguen as empresas de Ames que empregan o galego

O Concello de Ames convocou a novena edición dos Premios Lingua e Empresa, que recoñecen as empresas que empregan e promoven o galego na súa actividade. A convocatoria, aberta ata o 20 de novembro, distingue tanto empresas cun uso consolidado da lingua como aquelas que a incorporaron nos últimos dous anos. Os dous premios, dotados con 1500 euros cada un, buscan visibilizar o galego como elemento de identidade, proximidade e diferenciación no ámbito empresarial.

Fonte: Concello de Ames

Valentín García destaca "a música e o deporte como medios para socializar en galego entre a mocidade"

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou os eidos da música e o deporte “como medios para socializar en galego e prestixiar a lingua, sobre todo entre a mocidade”. Así o afirmou no marco dos XXVIII Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Xunta de Galicia, e que este ano levan por lema «Música, orgullo e identidade».

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta destina 300 000 € a once bolsas de investigación para ampliar coñecementos sobre lingua e literatura galega no Centro Ramón Piñeiro

A Xunta destina preto de 300 000 euros a once bolsas de investigación que van permitir ampliar coñecementos sobre lingua e literatura galega no Centro Ramón Piñeiro. Con este obxecto, o Diario Oficial de Galicia publica a resolución coas persoas seleccionadas que van afondar en materias lingüísticas, literarias, históricas e antropolóxicas sobre o noso idioma propio, na liña do compromiso do Goberno galego de promover o seu uso en todos os eidos profesionais e sociais.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta publica o libro Lugopoética 2026, coa obra de 12 autores reunidos polo colectivo Egeria e a Uned de Lugo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou na presentación do libro Lugopoética 2026, que publica a Secretaría Xeral da Lingua coa obra e reflexións dos 12 poetas reunidos este ano no certame homónimo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García destaca o concurso de Poesía Rosalía de Castro como unha “iniciativa que motiva aos escolares ao redor do galego”

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro,  coa que a Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro e o Corte Inglés, “pretende fomentar a creación poética en lingua galega á vez que achega ás xeracións máis novas unha figura clave das nosas letras como é Rosalía”, apuntou durante o acto.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder